1º e 2º de ESO VISITAN A BASE DE BRIGADAS HELITRANSPORTADAS DE PONTEVEDRA

O pasado 28 de outubro, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO coñecemos de primeira man o día a día dos brigadistas que loitan contra os luns en Galicia e neste caso, coa axuda dun helicóptero. Resultou moi interesante coñecer as súas armas de traballo, o complexo funcionamento dun helicóptero, a importancia do traballo en equipo e fundamentalmente, a importancia da prevención.

Pola tarde, demos un breve paseo pola ribeira do Verdugo, ao seu paso pola vila de Ponte Caldelas. Neste punto non tivemos tanta sorte como pola mañá, pois a chuvia que foi aparecendo condicionounos un pouco a visita. Aínda así, as ganas de pasar o día xuntos, superou calquera impedimento meteorolóxico.

Deja un comentario