1º PREMIO CONCURSO “AHORA VAMOS ANDANDO AL COLE”

A alumna Vega Boubeta Silva obtivo o primeiro premio de Galicia, nivel 3º e 4º de Primaria, polo seu traballo no Concurso de cartas e debuxos «Ahora vamos andando al cole», convocado pola Fundación Mapfre e a asociación Stop Accidentes, no que participaron todos os alumnos de 4º, 5º e 6º Educación Primaria do noso centro.  O xoves 12 de decembro foi o acto de entrega dunha bicicleta e un casco para a gañadora, a cal pasará á fase final a nivel nacional. Deixámosvos fotos e o debuxo gañador. Noraboa a todos os participantes.

Deja un comentario