2º Premio Concurso Escolar contra a Violencia de Xénero

A alumna Paula Fernández Carvallo, de 1º ESO, acadou o 2º premio no Concurso Escolar contra a Violencia de Xénero, organizado pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra. Segundo a organización, presentáronse máis dun cento de obras de vídeo e fotografía procedentes de diferentes institutos e colexios de Pontevedra. Paula foi premiada cunha tablet, ao presentar un video contra a violencia de xénero, na primeira categoría (ESO, FP Básica e Ciclo Medio). ¡Parabéns Paula!.

Deja un comentario