O noso alumnado de 3º EP recibiu o 3º Premio Nacional do Concurso Nacional Endesa Educa Dixital, no que participaron 521 clases de toda España. Ao acto asistiu a Directora Nacional do Proxecto, Eva Hernández Bruguera. Destacar que é o segundo ano no que o colexio é premiado, xa que o ano pasado os alumnos de 3º EP acadaron o primeiro premio, co que tamén asistiron ao acto de entrega.
O proxecto presentado, «Pobo enerxético», deseñaba unha vila con medios de transporte e vivendas con placas solares, turbinas e aeroxeradores para aproveitar a luz do Sol, a corrente de auga dos ríos e a forza do vento.
Noraboa!!!