EQUIPO DE ANIMACIÓN PASTORAL
Actividade Pastoral
ORGANIZACIÓN DE FESTIVIDADES
– Festividade de San Vicente de Paúl.
O día 27 de setembro celebramos este día, dando a coñecer a figura do Fundador, xunto con Sta Luísa de Marillac, da Orde das Fillas da Caridade.
– DOMUND.
El Domund é o día no que, dun xeito especial, a Igrexa universal reza polos misioneiros e colabora coas misións. Celébrase en todo o mundo o penúltimo domingo de octubro, o “mes das misións”.
– Virxe Milagrosa Santa Catalina de Labouré
Os días 27 e 28 de novembro conmemoramos a aparición da Virxe María a Sor Catalina de Labouré en París, ano 1830.
– Xornada Mundial da Paz e a Non Violencia.
Estaxjornada celébrase nesta data para conmemorar a morte de Mahatma Gandhi líder nacional e espiritual da India, asasinado a tiros en 1948 por un integrista hindú. O obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
– Infancia Misioneira.
Promove a axuda recíproca entre os nenos de todo o mundo, sendo o lema “Os nenos axudan os nenos”. Infancia Misioneira é unha escola de fe e de solidariedade.
– Campaña contra a Fame no mundo.»Boliño Solidario»
No mes de febreiro levamos a cabo esta campaña, marcada pola solidariedade a través do xogo, a diversión e o compañeirismo, colaborando con Mans Unidas, co fin de que se escoite a voz dos máis necesitados.
– Semana da Vocación Misión.
Nesta semana desexamos motivar a todos na súa vocación vicenciana, servir como instrumento de reflexión e de promoción de noso carisma particular, inspirada en buscar constantemente a Cristo, para confirmar a nosa adhesión a El cada vez máis e axudar a outros a dar o paso e seguilo.
– Santa Luísa de Marillac.
Celebramos este día en honra da cofundadora, xunto a Vicente de Paúl, das Fillas da Caridade, congregación de marcado carácter asistencial.
– Mes de María.
Maio é o mes das flores, da primavera, un mes ideal para estar ao aire libre, rodeado da beleza dos campos, un mes onde se commemora o Día da Nai. Precisamente por isto, porque todo o que nos rodea nos debe lembrar ao noso Creador, este mes dedicámosllo á santísima Virxe María.
– Tempos Litúrxicos: Advento, Nadal, Coresma e Pascoa.
ACCIÓNS FORMATIVAS
Cos alumnos:
– Xornadas de sensibilización para profundizar o obxectivo.
– Titorías
– Oración da mañá
– Preparación eucarística (acto de reconciliación)
– Charlas sobre tempos litúrxicos
– Eucaristías
Venres 27 Setembro.: 4º, 5º e 6º EP ás 9:00
Venres 18 Outubro: 3º e 4º ESO ás 9:15
Mércores 27 Novembro: 1º e 2º ESO ás 9:15
Xoves 30 Xaneiro : 3º e 4º ESO ás 9:15
Venres 7 Febreiro: 1º2º ESO ás 9:15
Mércores 18 Marzo: 4º, 5º e 6º EP, ás 9:30
Mércores 1 abril: : 1º2º3º4º ESO, ás 12:20
Venres 29 de Maio: 3º, 4º, 5º e 6º EP, ás 9:30.
Tódolos días ofíciase a Santa Misa levada a cabo polo capelán D. Manuel Otero. O horario é ás 19:00 h. en inverno e ás 20:00 h no verán.
Co profesorado:
– Xornadas de sensibilización.
– Taller de espiritualidade.
– ITV
– FOEVI
– Formación vicenciana.
– Eucaristías.