Este curso 2022 os alumnos do Colexio Casa de la Virgen estivemos a facer unha actividade do Día da Paz moi especial. Como vivimos coa ameaza constante dos virus na nosa vida tratamos de crear unha vacina contra o VIOLENTOVIRUS…ese que nos impide ter unha vida de paz. Agora vos explico quen é ese virus tan malo…
VIOLENTOVIRUS E A VACINA DO BO TRATO
A violencia, como os virus, só produce vítimas: todos saímos perdendo cando estala. Ademais, igual que pasa coas epidemias, é mellor previr que curar. Este curso propómosvos unha mobilización escolar na que elaboraremos entre todos unha vacina de paz e bo trato coa que tentaremos protexer a toda a nosa contorna o 31 de xaneiro. Atención que esta é unha vacina moi especial: é unha vacina que non se toma, pénsase. Descúbrea!
Entre todos fixemos carteis onde debuxamos o VIOLENTOVIRUS e enchemos cas súas propiedades. Agardamos que a nosa vacina funcione!!!
O MEU COMPOÑENTE PARA A VACINA DA PAZ
Nome do compoñente:
Fórmula/principios activos:
Indicacións:
Posoloxía (frecuencia e forma de uso):
Recomendacións:
Prescrito por:
Sinatura: