Actividades ANPA

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA «A PATELA»
INFORMACIÓN ADICIONAL
• O pago será mediante domiciliación bancaria.
• Para participar nestas actividades é necesario ter pagado o SEGURO ESCOLAR e nas actividades organizadas pola ANPA, SER SOCIO da ANPA.
• Os recibos das actividades serán pasados ao cobro o día 10 de cada mes.
Non se devolverá o diñeiro a aqueles alumnos, que por causas alleas á ANPA non asistan á actividade ou se deran de baixa dun xeito irregular ou durante o período comprendido en cada pago.
• As actividades comenzarán o 1 de Outubro. A baixa ou alta nunha actividade, posteriores á data de inicio deben formalizarse por escrito.
• Os alumnos que realicen actividades extraescolares, en horario de tarde, serán recollidos polos pais ou persoa autorizada na porta principal do colexio. Solicítase a máxima puntualidade. Os monitores esperarán polos pais un máximo de dez minutos. A tardanza reiterada será penalizada coa exclusión do neno da respectiva actividade.
• En caso de accidente, avisarase aos pais, os cales faranse cargo do alumno/a para llevalo, se o estiman oportuno, ao centro médico sinalado no seguro escolar.
OUTRAS COLABORACIONES DEA ANPA
A Asociación de Nais e Pais «A Patela» ademais de organizar as actividades extraescolares do centro, colabora en:
– Celebración do Magosto.
– Concursos de carteis para diferentes festividades
– Festival de Nadal, subvencionando o transporte ao auditorio de Cangas.
– Entroido.
– Festa Fin de Curso.
– Organización da Excursión de Fin de Etapa en 6º Primaria (patrocinio mediante rifas).
– Excursión Fin de Curso 4º ESO (patrocinio mediante rifas).