Aprendizaxe e servizo

O Aprendizaxe-Servizo (O ApS) é unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo comunitario. Estas accións representan un compromiso social co noso contorno escolar, a educación e a vontade de centrarse non só na formación académica dos estudantes, senón tamén nos valores cívicos e relixiosos que promovemos desde o noso centro.

Baseándonos neste método innovador, este ano o Departamento de Linguas e continuando coa experiencia piloto dos dous últimos trimestres do curso 15-16, ofertaremos para os alumnos de ESO e Bto na materia de Lingua Inglesa, esta metodoloxía educativa que combina o currículo académico co servizo aos demais.

Con esta proposta de servizo social e aprendizaxe de coñecementos, habilidades, actitudes e valores, pretendemos que os nosos alumnos aprendan a ser competentes sendo útiles a compañeiros doutros cursos.

Axudar aos demais é un dos métodos de aprendizaxe máis eficaz porque os alumnos atopan sentido ao que estudan cando aplican os seus coñecementos e habilidades nunha práctica solidaria

O proxecto consiste en que alumnos de 1º bacharelato e 4º de ESO se converten en titores de alumnos de 2º e 1º respectivamente na área de primeira lingua estranxeira en horario extraescolar.

Os alumnos “titorizados” benefícianse dunhas “clases particulares” ofrecidas por compañeiros con todos os beneficios que iso conleva, mentres que os “titores”, ademais do enriquecimiento persoal obteñen unha recompensa numérica na nota da súa avaliación, todo isto baixo a supervisión da profesora.