Boliño solidario

Tecendo redes cos máis esquencidos.

O pasado venres 11 de febreiro celebramos o día do Boliño solidario para colaborar na campaña contra a fame de Mans Unidas. A recadación, grazas a axuda das familias e persoal do centro, foi de 249,61 €. Esta é a segunda campaña realizada, pois en outubro participamos co Domund, cun donativo de 425,82 €.

Primeiro a merenda e logo os xogos que foron moi divertidos e diversos; desde atrapar pompas de xabón ata a representación de cadeas humanitarias para levar auga.

Foi moi emocionante volver a escoitar aos alumnos e alumnas realizar outra vez este tipo de actividades no patio e, seguramente, actos como este, deixan unha pequena pegada no recuncho solidario do seu corazón.

Deja un comentario