IV Festa dos Fundadores das Fillas da Caridade: San Vicente de Paúl e Sta Luisa de Marillac – 27 de setembro de 2021 

Como tódolos anos nestas datas, dúas persoas moi queridas para todos os vicencianos, San Vicente e Sta. Luisa, foron o centro das nosas actividades no colexio: oracións, debuxos, murais, cancións, procura de novas, manualidades, representacións no patio, coa colocación por cursos duns corazóns nun gran debuxo mural, que representan o AMOR cara os máis desfavorecidos … Read more

Circular inicio curso e documento de recollida de datos

Deixámosvos a circular de inicio de curso e o documento de recollida de datos das distintas etapas. Este documento deberá ser cuberto e devolto ós titores antes do 13 de setembro no caso de alumnos de infantil e primaria e antes do 20 no caso da ESO. Infantil   _   Primaria   _   1º-2º ESO   _   3º-4º ESO

Carreira solidaria 2021

Un ano máis o departamento de Educación Física en colaboración co departamento de Pastoral do centro, organizaron a Carreira Solidaria Kilómetros de Solidariedade, da ONG Save the children. O evento é moito máis que unha actividade deportiva, permite traballar na defensa e promoción dos dereitos da infancia dentro e fóra da aula. A recaudación total … Read more

Día do Libro 2021

Hoxe, 23 de Abril, celebramos o Día Internacional do Libro no colexio. Realizamos diferentes actividades nas clases cos profesores de linguas para conmemorar este día tan especial: confeccionamos os nosos propios marcapáxinas, falamos dos nosos libros favoritos, limos diferentes historias, etc… Tamén repartimos os diplomas e agasallos aos máis lectores e a ANPA «A Patela» … Read more

Visita dos Reis Magos

As súas Maxestades os Reis Magos fixeron un oco na súa axenda para visitar aos alumnos do colexio. A súa aparición na capela do colexio foi moi celebrada por todos, especialmente os de infantil. Coñecedores das normas antiCOVID, este ano non puideron acercarse aos nenos, pero puideron darlle vós consellos e deixarlle algún que outro … Read more

Festival de Nadal

Este ano non podíamos deixar de celebrar o Festival de Nadal, aínda que nesta ocasión sexa dun xeito virtual. Tódolos alumnos do centro prepararon as panxoliñas e representacións que grabaron para poder compartir con todos vós neste día. Non podía faltar a representación da Anunciación; a cargo dos alumnos de 2º ESO, preparada coa axuda … Read more