Concurso cartel Entroido 2021

Como tódolos anos, eliximos o cartel que promocionará o Entroido no colexio. Este curso os alumnos de 4º, 5º e 6º EP elaboraron os seus traballos na clase de Arts and Crafts, coa temática do noso proxecto anual «Coida o teu planeta», empregando materiais reciclados.

A gañadora foi Claudia Piñeiro Graña (6ºEP), segundo premio Vega Boubeta Silva (5º EP) e terceiros Laura Sobreira Martínez e Dabria Eguizábal Ávila (5º EP). Noraboa a todos os alumnos pola calidade dos traballos.

Deja un comentario