Departamento de orientación

O traballo deste departamento está orientado a apoiar a calidade educativa, fomentando actividades que contribuan ao coñecemento, seguimento e asesoramento do alumno, dende a dimensión psicopedagóxica. Nesta liña enténdese a Orientación como un proceso global que integra aspectos relacionados co desenvolvemento persoal, cos procesos de ensino-aprendizaxe e que inclúen a toda a comunidade educativa do noso colexio.

O Departamento está constituído polo mestre especialista en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe; unha pedagoga e profesora de apoio de Educación Primaria, un profesor de apoio de Educación Primaria; e a orientadora e psicóloga.

O traballo abrangue tres áreas:

1.— Orientación persoal
Tratando de formar alumnos con criterios e valores que saiban desenvolverse axeitadamente na súa vida persoal, familiar, académica e social. Traballando con eles na resolución de diferentes conflitos que se lles poida presentar.

2.— Orientación Educativa, vocacional e profesional
Colaborando na prevención e detección de dificultades de aprendizaxe: para isto ao longo do primeiro trimestre, os alumnos realizan unhas probas psicopedagóxicas que nos serven de punto de partida para comezar a tomar decisións no equipo.

3.— Atención a familias
Neste ámbito o departamento trata de promover a cooperación entre o colexio e as familias incidindo especialmente no relativo a comunicación pais-fillos, motivación, toma de decisións, disciplina, mellora do rendemento e asesoramento na solución de conflitos de natureza persoal ou familiar. As familias que desexe unha consulta personalizada sempre poden solicitar unha entrevista con calquera dos compoñentes do equipo, previa concertación de cita.

Acceso ó blog do Departamento de Orientación.