Departamento TIC

As tecnoloxías da información e comunicación na escola deben considerarse desde dous puntos de vista:

  1. Como ferramentas e recursos didácticos no traballo do profesor, xa que poden facilitar a docencia na aula, e mellorar a atención e interese dos alumnos.            
  2. Os alumnos necesitan formación para aprender a utilizar estas tecnoloxías con seguridade e responsabilidade.

Por todo isto, consideramos unha obriga contribuír á formación integral do alumnado dotándoos dos instrumentos técnicos, cognitivos e éticos, que os capacite para desenvolverse plenamente, de maneira responsable e crítica, na nova sociedade da información e a comunicación.

A nosa implicación no uso das TICs, integrándoas no traballo docente cos alumnos, nas tarefas administrativas do centro e como posibilidade de comunicación cos pais, estando pendentes de calquera nova ferramenta, aplicación ou recurso que permita mellorar o traballo que estamos a facer.

Temos integrados como algo cotiá o uso das PDI nas clases, así como o traballo con libros dixitais, blogs, tabletas e aínda que non maioritario, xa se están a utilizar ferramentas de autor, que permiten crear os propios contidos académicos por parte dos docentes e incluso os propios alumnos crean os seus propios recursos.