DÍA DO LIBRO 2019

O pasado mércores 23 de abril, celebramos no noso centro o Día do Libro. Como xa ven sendo habitual nestes últimos anos, entregamos os diplomas e agasallos aos alumnos/-as máis lectores/-as dende 3º a 6º de Educación Primaria. En tódalas etapas educativas, os profesores de linguas, realizaron actividades relacionadas con este día como lecturas colectivas, elaboracións de marcapáxinas, lecturas de contos e poemas elaborados polos alumnos, exposicións de traballos sobre os seus libros favoritos, etc…

Noraboa a todos os lectores e lectoras.

 

Deja un comentario