Día do Libro 2022

O venres 22 de abril, celebramos o Día Internacional do Libro. Realizamos diferentes actividades nas clases cos profesores de linguas para conmemorar este día tan especial: confeccionamos os nosos propios marcapáxinas, falamos dos nosos libros favoritos, limos diferentes historias, etc…

Tamén repartimos os diplomas e agasallos aos máis lectores e a ANPA «A Patela» agasallou a todos os alumnos/-as cuns marcapáxinas.

¡¡¡Noraboa a todos os premiados, Feliz Día do Libro 2022 a tod@s e felices lecturas!!!

 

Deja un comentario