O xoves 21 de novembro tivo lugar a sesión da Escola de Pais correspondente á etapa de Educación Infantil, organizada polo Departamento de Orientación. O tema que tratamos foi “Como axudar os nosos fillos no seu desenvolvemento social” e durante casi dúas horas compartimos experiencias sobre este aspecto tan importante para o desenvolvemento da personalidade dos máis pequenos e que inflúen na súa habilidade social; cómo dende a casa axudarlles a conseguir unha vida social activa e saudable. Grazas pola vosa asistencia.
