Exposición AstrónomAs

Esta semana, coincidindo coa XI Semana da Ciencia no noso colexio, convertemos o vestíbulo nunha sala de exposicións. “AstrónomAs” céntrase na achega das mulleres que dedican e dedicaron a súa vida a esta disciplina científica. A exposición naceu coa vocación de fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas en xeral, e entre as nenas e adolescentes en particular, ademais de divulgar as investigacións realizadas por mulleres científicas na astronomía e astrofísica. Desde que se inaugurou por primeira vez en setembro de 2021 en Santiago de Compostela, percorreu salas de exposicións e centros escolares de todo o país.

Unha gran oportunidade conectada ademais co noso proxecto anual “Tecendo redes moradas”. Pódese ver a exposición do 30 de marzo ó 7 de abril.

Deja un comentario