Festival de Nadal

Este ano non podíamos deixar de celebrar o Festival de Nadal, aínda que nesta ocasión sexa dun xeito virtual. Tódolos alumnos do centro prepararon as panxoliñas e representacións que grabaron para poder compartir con todos vós neste día. Non podía faltar a representación da Anunciación; a cargo dos alumnos de 2º ESO, preparada coa axuda da orientadora do centro Inma. Esperamos que vos guste e aproveitamos para desexarvos a todos Bo Nadal dende a Comunidade Educativa “Casa de la Virgen”.

Neste enlace vos deixamos o programa das diferentes actuacións.

 

Deja un comentario