Festival de Nadal

Festival de Nadal

Por segundo ano consecutivo, dende a aparición do Covid nas nosas vidas, celebramos o Festival de Nadal de xeito virtual. Tódolos alumnos do centro prepararon as panxoliñas e representacións que grabaron para poder compartir con todos vos neste día. Non podía faltar a representación da Anunciación; a cargo dos alumnos de 2º ESO, preparada coa axuda da orientadora do centro Inma.

Premendo na imaxe podedes acceder ó vídeo coas diferentes actuacións. Esperamos que vos guste e aproveitamos para desexarvos a todos Bo Nadal dende a Comunidade Educativa “Casa de la Virgen”.

Deja un comentario