FESTIVAL DE NADAL

Como tódolos anos celebramos o Festival de Nadal, en colaboración coa ANPA A Patela, onde tódolos alumnos do centro puideron mostrar ás familias as panxoliñas e representacións que prepararon ao longo deste mes de decembro. Ademais gozamos coa representación da Anunciación; a cargo dos alumnos de 2º ESO, 1º e 2º Primaria, preparada coa axuda da orientadora do centro Inma. Coma “presentadores estrela” contamos coa colaboración especial dos ex alumnos de bacharelato Nerea e José Manuel os que agradecemos enormemente a súa presenza.
Por último tamén queremos agradecer ao Concello de Cangas e á Directiva do Auditorio de Cangas a cesión do auditorio e os medios técnicos para levalo a cabo.
Dende a Comunidade Educativa “Casa de la Virgen” desexamos a todos Bo Nadal.

 

Deja un comentario