Finalidade do equipo de animación Pastoral

MISIÓN

É o órgano que asesora ao Equipo Directivo do centro na planificación, desenvolvemento e dinamización da misión evanxelizadora, en tódolos niveis. Esta misión desenvólvese desde a comunidade educativa, atende ao alumno como un todo integral e abrangue a formación e o compromiso cristiáns.

O Obxectivo Xeral é potenciar a pastoral do noso centro educativo seguindo o Proxecto Marco de Evanxelización e Proxección Social, facendo que a Comunidade Educativa sexa a verdadeira protagonista na transmisión do noso carisma, para que o estilo vicenciano consolide, vertebre e impregne o noso colexio.

Os obxectivos específicos son:

– Crear e consolidar no centro o Equipo de Animación Pastoral.

– Promover liñas conxuntas de acción pastoral nos ámbitos escolar e extraescolar, con profesores e coas familias, integrando a pastoral específica.

– Profundizar nos riscos característicos da pedagoxía vicenciana.

– Establecer compromisos sociais e culturais con distintas causas e grupos implicados na loita pola xustiza, a paz e a ecoloxía.

– Avaliar a implantación do Proyecto de Animación Pastoral no centro.

COMPETENCIAS DO EQUIPO DE ANIMACIÓN PASTORAL

– Velar para que no centro educativo se anuncie, celebre e testemuñe a Xesús resucitado e se viva a pertenza e participación na comunidade educativa e eclesial.

– Coñecer a realidade do centro educativo.

– Propoñer as liñas de acción da dimensión evanxelizadora do Proyecto Educativo do centro e realizar o seu seguimiento.

-Planificar, dacordo co Proxecto Educativo, Proxecto Curricular e o Plan de Evanxelización e Proxección Social, as actividades pastorais da acción educativa sendo estas ao mesmo tempo estimulantes, realizables e avaliables.

– Promover a elaboración dos obxectivos evanxelizadores e analizar a consecución de ditos obxectivos así como as accións levadas a cabo no curso escolar.

– Promover e inculcar o amor a San Vicente de Paúl e a Santa Luísa de Marillac mediante o estudo da súa vida e misión, e a actualización do seu carisma e obra, presentándoos como testemuñas do seguimiento de Xesús, de fidelidade a Deus e de compromiso polos máis pobres.

– Coidar a iniciación e a práctica da oración e as celebracións litúrxicas, de xeito especial a dos sacramentos da eucaristía e a reconciliación.

– Cultivar a espiritualidade mariana, presentando a María, nai de Xesús, como intercesora e modelo de crente, como compañeira de camiño.

– Actuar en colaboración co Departamento de Relixión no que se refire á ensinanza relixiosa.

– Prolongar a acción pastoral da escola entre as familias da Comunidad Educativa