Graduación da 3ª Promoción de Bacharelato

Felicidades e moitas grazas pola confianza que tanto as familias coma os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato tiveron coa nosa institución. Eles e elas acabaron a súa traxectoria no noso centro, e onte rodeados dos seus familiares, mestres e mestras, equipo directivo e o Presidente da Fundación Casa da Virxe (Isidoro Anxos Ventura) celebraron un emocionante acto de graduación. Logo de escoitar as súas palabras de agradecemento, tan só quédanos expresarlles o noso orgullo e todo o éxito do mundo nos seus ambiciosos percorridos formativos. Estamos convencidos que o farán igual de ben que durante estes anos. Éxito e grazas.

 

 

 

Deja un comentario