I Premio Concurso Endesa Educa Dixital

Os alumnos e profesora de 3º Educación Primaria, foron premiados como o Primeiro Equipo Gañador do Concurso Salvar o Mundo da II Edición de Endesa Educa Dixital. De todos os vídeos presentados, o xurado decidiu que esta foi a proposta que máis lle gustou:
«As ideas propostas polos alumnos no vídeo Cidade Limpa resultaron ser enxeñosas e divertidas e encaixan perfectamente coa intención do concurso: explorar o mundo da enerxía e repensar as nosas cidades para facelas máis sostibles.
Dende a Fundación Endesa e en particular dende Endesa Educa queremos felicitarvos polo esforzo feito e animarvos a que sigades traballando duro para facer das nosas cidades un espazo mellor e máis sostible. ¡Esperámosvos na III Edición!”.

O premio consiste nun xogo enerxético e un diploma.

Noraboa!!!.

Deja un comentario