Ideario

O colexio Plurilingüe «Casa de la Virgen» ten Identidade Propia, sendo un Centro Privado Concertado en Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria; Privado en Bacharelato.

Ten Identidade Cristiá e Católica, inspirada na Doutrina Evanxélica de Cristo e nas directrices da Igrexa.

A Titularidade exércea a FUNDACIÓN BENÉFICO-DOCENTE “CASA DE LA VIRGEN”, as Irmás das ‘Hijas de la Caridad de San Vicente de Paul’, actúan en calidade de administradoras do Colexio.

A NOSA FINALIDADE é formar homes e mulleres novos, cun novo modo de ser e de facer na vida, nas súas perspectivas persoal, social e relixiosa.

Concebimos a Educación como un todo harmónico, que permita o desenvolvemento e a formación integral do home, en plenitude de dignidade e liberdade cristiás.

1.- Carácter Propio

A identidade e carácter propios deste Centro deben ser recoñecidos e aceptados como tales por toda a Comunidade Educativa: Nais/Pais, Profesores, Persoal e alumnos, así como o Proxecto Educativo e as Normas Básicas de Convivencia, recollidas no Plano de Convivencia de Centro.

Este Centro non ten opción política algunha, e só educa para a máis xusta e verdadeira personalidade e convivencia.

O noso obxectivo fundaméntase na “formación integral dos alumnos dacordo cunha concepción cristiá do home, da vida e do mundo; prepáraos para participar activamente na transformación e mellora da sociedade” (Carácter Propio). A acción educativa baséase nunha pedagoxía aberta, flexible e construtiva, que se adapta ás necesidades dos alumnos e que incorpora as innovacións didácticas que a calidade esixe.

Estes principios innovadores son:

– Formación integral dos alumnos de acordo cunha concepción cristiá da persoa, da vida e do mundo: Integración harmónica entre a Fe e o conxunto de saberes, valores, actitudes ..

– Opción polos máis débiles no seu nivel económico, capacidade intelectual ou outro tipo de limitación.

– Vivencia dos valores evanxélicos, a través dos cales revelamos que Deus nos ama.

– Compromiso pola xustiza e a solidariedade universal, cunha participación activa na transformación e mellora da sociedade.

– Relacións e clima educativo baseados na sinxeleza.

– Respecto á vida e á natureza, fomentando a responsabilidade ante o progreso da ciencia e a tecnoloxía.

2.- Obxectivos xerais do Carácter Propio.

Os obxectivos xerais derivados destes principios son:

Educación Integral:

  • Desenvolver todas as dimensións dos alumnos/as, para chegar ao máximo das súas posibilidades.
  • Proxectar a educación máis alá da aula a través de actividades extraescolares conectando coa vida.

Escola Inclusiva:

  • Atender a cada persoa de forma individual, segundo as súas intelixencias, os seus intereses e os seus progresos
  • Abrir e formar no respecto á pluralidade étnica, cultural e relixiosa para promover a integración social.

Aprendizaxe-servizo:

  • Comprometernos, desde os valores evanxélicos para a construción dunha sociedade máis humana e máis xusta.
  • Analizar a realidade con sentido crítico.
  • A través da aprendizaxe capacitar ao alumno para servir mellor.

Metodoloxía Innovadora:

  • Prepararnos en propostas pedagóxicas innovadoras e de calidade ao alcance de todos os alumnos mediante a continua formación do profesorado.
  • Renovarse metodolóxicamente para motivar nos alumnos o compromiso e a paixón por aprender.

Relacións cercanas e de colaboración:

  • Crear un ambiente educativo fraterno que supoña sinxeleza, acollida, confianza e alegría.
  • Potenciar unha educación baseada na proximidade, dispoñibilidade e cun estilo educativo coherente e de calidade.

Competencia Espiritual:

  • Propoñer, educar e acompañar a experiencia relixiosa cristiá.
  • Presentar unha proposta explícita da fe en Xesús e apostar polo seguimento.

Formar parte desta comunidade educativa comprométenos a:

-Compartir e achegar, con espírito de servizo, as competencias e habilidades.

-Construír unha comunidade viva na que todos busquen o ben dos demais.

-Potenciar a integración e participación da COMUNIDADE EDUCATIVA para chegar a ser comunidades abertas e dispoñibles.

3.- Colaboración coas familias

A “Casa de la Virgen” cre necesario para a mellor Educación e Formación dos fillos, unha nobre e sincera colaboración cos pais.

O Centro está sempre aberto á mellor e mutua cooperación cos pais e solicita que estes visiten aos respectivos Titores e Profesores, polo menos dúas ou tres veces durante o curso para unha recta axuda e información.

Os pais e alumnos deben cooperar co centro en todo o concernente aos estudos, disciplina e actividades complementarias para unha máis completa formación.

Xunto coas familias, no centro:

– Atendemos a diversidade ofrecendo unha ensinanza adecuada a cada alumno/a segundo as súas necesidades educativas e o seu ritmo de aprendizaxe.

– Damos resposta a unha acción educativa en valores, humanos e cristiáns, educando para a liberdade, a xustiza, a solidariedade, a tolerancia, o amor e a paz.

– Empregamos unha metodoloxía aberta, flexible, actualizada, na mellora permanente, que conduce ao desenvolvemento de capacidades, hábitos de traballo e destrezas intelectuais, acadando un bo nivel educativo.

– Coidamos a acción titorial e a orientación, potenciando a motivación e o estímulo dos alumnos para que cheguen ao máximo desenvolvemento das súas posibilidades, de forma que estean preparados para a súa inserción responsable na sociedade.

– Para dar calidade e coherencia a esta acción educativa contamos cun equipo de profesores e colaboradores próximos ás necesidades dos alumnos e familias, e coidamos a convivencia no Centro como condición indispensable para crear un clima de traballo, sinxeleza, alegría e confianza

4.- Orde e Disciplina

Os alumnos, profesores e familias han de aceptar libremente as normas básicas de convivencia do Colexio, segundo o Plano de Convivencia de Centro, do que se dará cumprida información a todos os membros da comunidade educativa. No documento de Normas de Organización e Funcionamento de Centro (NOFC), aprobado polo Consello Escolar, infórmase da estrutura organizativa do Centro, dos aspectos relacionados coa participación da comunidade escolar na vida do centro, concrétanse as normas de convivencia do Centro, a aplicación de medidas para a promoción da convivencia e dos mecanismos de mediación, ademais do establecemento de medidas correctoras e sancionadoras.

A DIRECCIÓN