II FESTA DOS FUNDADORES

O pasado venres 27 de setembro e coincidindo coa festividade de San Vicente de Paúl, celebramos no colexio a 2ª Festa dos Fundadores das Fillas da Caridade. Na Celebración na Capela, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria, lembraron a gran labor social que Luisa e Vicente fixeron na súa época, sempre ao servizo dos máis necesitados. Despois todos, dende Infantil ata Bacharelato, participaron nun acto común no patio, onde non faltaron cancións, bailes, globos, bandeirolas dos fundadores,… dándolle cor a este día tan especial, que marcou o inicio do novo curso: 2019-2020.

Deja un comentario