Inmersión lingüística

Proxecto de Inmersión Lingüística en inglés e francés

Continuando cos proxectos de Inmersión Lingüística nas dúas linguas estranxeiras impartidas no noso centro, para este ano propiciaremos que os nosos alumnos de 4º ESO teñan a oportunidade de seguir participando nos mesmos:

-Os alumnos de 4º ESO poderán, no caso de ser concedida a axuda, participar no programa de inmersión lingüística en inglés promovido pola Xunta de Galicia “English Week”.

-Os alumnos que optaron por escoller lingua francesa como optativa en 4º ESO, poderán participar nun intercambio cultural co Instituto francés Sainte Jeanne Elisabeth de París. Os nosos alumnos conviven coas familias deste colexio e asisten a este céntrico colexio de París durante unha semana. Asemesmo, os alumnos franceses correspondentes asisten ao noso centro e conviven coas familias dos nosos alumnos unha semana.

Obxectivos xerais:

Dotar ao alumno-a da competencia lingüística social básica en inglés/francés, de tal xeito que permita un mínimo de interacción social coa comunidade educativa onde se inscribe o alumno-a.

Axudar a compensar ou paliar diferenzas orixinadas polas desigualdades socio-económicas, idiomáticas e culturais, fomentando a capacidade de comprensión e expresión de mensaxes orais e escritos nesa lingua vehicular

Favorecer o uso funcional da lingua, como instrumento de comunicación e de representación da realidade.

Crear e estimular o desenvolvemento de situacións de comunicación similares ás desenvolvidas na vida cotiá, sempre usando o role-playing e o xogo como estratexia lúdica e creativa da lingua.

Introducir contidos culturais dos distintos países para fomentar o desenvolvemento  de actitudes de respecto e tolerancia.