Nestes momentos tan difíciles que estamos a vivir, o Goberno pretende levar a cabo unha reforma da lei de educación aprobando unha nova, a chamada LOMLOE, que promove a restricción de dereitos e liberdades cidadás e atenta contra a pluralidade do noso sistema educativo. Así diferentes asociacións de pais/nais (CONCAPA, CONFAPA, …), patronais (CECE, ESCUELAS CATÓLICAS, …) e sindicatos de traballadores (FSIE, USO, …) crearon unha plataforma para mostrar o total desacordo coa futura nova lei.
No enlace masplurales.es podedes acceder a máis información e asinar o manifesto en contra da nova lei.
Remitimos o manifesto asinado polo Equipo Directivo do centro e ANPA A Patela.