MAGOSTO 2019

O martes 12 de novembro celebramos a tradicional festa do outono, o Magosto. Dende a mañá os membros da ANPA prepararon e asaron as castañas, para que pais, alumnos e profesores puideran desfrutar deste froito de outono. Aínda que debido á choiva tivemos que desprazar a celebración ó interior do pabillón, todos disfrutaron moitísimo. Queremos agradecer a tódolos membros da ANPA polo seu traballo desinteresado na preparación das castañas.

Deja un comentario