“O Samaín” ou “Halloween” 2021

No último día lectivo previo á celebración do día de Halloween ou O Samaín, Abisai, o noso mestre auxiliar de conversa de lingua inglesa, fixo o seu particular “Trick or Treat” entregando doces ós nenos e nenas.

Por outra banda, ao longo dos días previos á celebración dese día, os alumnos adornaron as súas cabazas para participar no concurso organizado pola Anpa «A Patela». Os traballos presentados foron expostos no colexio, resultando gañadores Adriana Álvarez de 4º de Educación Infantil e Mateo Ramos de 6º tamén de Educación Infantil. Noraboa a tódolos participantes!!!!

Deja un comentario