Plan Dixital de Centro

O plan Dixital de Centro é a primeira acción dentro da Estratexia da Educación Dixital 2030 para conseguir a completa transformación das aulas nesta década.

O obxectivo desta estratexia é a transformación tecnolóxica das aulas mediante un cambio pedagóxico para conseguir o reto do coñecemento e da innovación con propostas específicas para avanzar na especialización da Educación e na personalización da aprendizaxe.

Durante todo este curso 2021/2022 e coas directrices e supervisión da Consellería de Educación foise elaborando o Plan dixital de Centro que foi validado pola propia Consellería e presentado ao Claustro de profesores  e Consello Escolar para a súa aprobación.

Polo tanto, o Colexio Plurilingüe Casa de la Virgen conta cun Plan Dixital que comezará a implementarse no próximo curso académico 2022/2023.

Deja un comentario