Plurilingüismo

As linguas constitúen un elemento básico de identidade cultural e representan un valor fundamental de cohesión dunha comunidade. É por iso que, ademáis da normalización lingüística, onde se garante a igualdade do galego e o castelán, o centro pertence á Rede de Centros Plurilingües de Galicia, xa que os alumnos cursan a materia de Expresión Plástica (Arts and Crafts) en lingua inglesa, en tódolos cursos de Educación Primaria.

Os obxectivos son:

– Lograr un coñecemento profundo da lingua inglesa de xeito natural e dende os primeiros momentos da aprendizaxe, desenvolvendo a competencia comunicativa do alumnado en inglés, utilizándoo como lingua vehicular habitual na aula e creando situacións reais de comunicación.

– Lograr o dominio das catro habilidades que caracterizan a aprendizaxe dunha lingua: comprensión e expresión oral, comprensión e expresión escrita, ademáis da interacción oral.

– Coñecer e aprender os aspectos fundamentais que caracterizan a sociedade dos países de cultura anglosaxona, valorando o coñecemento doutras sociedades e culturas a través do uso da lingua inglesa, facendo posible o achegamento entre os cidadáns doutros países.