Proxecto de Apadriñamento

Proxecto Apadriñamento 6ºEP a 1ºEP

O obxectivo do apadrinamento é facilitar a articulación e adaptación dos nenos á nova etapa da primaria. Consiste en xerar un vínculo cercano entre os alumnos “padriños” e os “apadriñados”. Os máis pequenos sentiranse máis acompañados e verán o novo entorno como un lugar máis acolledor, mentres que os maiores reforzarán condutas baseadas no respecto, a colaboración, a solidariedade e a empatía.

Este proxecto enmarcado no plan de convivencia escolar busca atopar e fomentar un ambiente seguro e de bo trato.