Proxecto de Mediación entre Iguais en 1º e 2º de ESO
Na nosa sociedade, a diario vemos condutas agresivas e situacións de violencia. A escola está inmersa na sociedade e, polo tanto, ás veces se reflicten este tipo de condutas.
O profesorado do noso centro ten a firme convicción de que se debe de tratar de intervir nestes aspectos para lograr que o noso alumnado aprenda a solucionar os conflitos que lle poidan xurdir, de forma pacífica e con carácter dialogante.
Finalidade e obxectivo:
A finalidade que se persegue é mellora-la convivencia e a prevención de conflitos no curso de 1º de ESO empregando a figura dos mediadores de aula. O obxectivo é formar a todo o alumnado de este curso para que aprenda a exercer como mediador cando xurda algún conflito no seu entorno.
Fases do proxecto:
1.- Presentación do proxecto.
2.- Afianzamento das relacións entre os nenos do grupo.
3.- Coñecemento dos diferentes estilos de respota existentes.
4.- Afondamento nas diferentes emocións existentes.
4.- Coñecemento do conflito.
5.- Figura dos mediadores escolares. Funcións. Procedemento de mediación.
6.- Avaliación.
Temporalización: Na primeira avaliación levarase a cabo a parte teórica. No segundo trimestre procederase á súa posta en marcha e a avaliación será no terceiro trimestre.