Proxecto común anual "KISS THE EARTH: Coida o teu planeta"

Este proxecto común desenvolverase durante todo o curso e nel estarán implicados, ademais dos alumnos, todos e cada un dos profesores do centro, en calquera das súas materias, e, por suposto, as familias, ás que seguiremos pedindo colaboración despois da excelente acollida e resposta que tiveron entre os pais os proxectos dos anos anteriores.

Para o período lectivo 2020-2021 decidimos continuar co tema tan presente e importante para o noso futuro xa que é unha responsabilidade social: Coidar o planeta no que vivimos xa que os nosos océanos están cheos de lixo, ríos cubertos de desperdicios, cidades cuxo aire é irrespirable… Sobran os motivos, poñámonos en marcha!. Leer máis…