Proxectos educativos en Educación Infantil
Este ano todo o 2º ciclo de Educación Infantil traballará co proxecto Sonrisas. Este é un proxecto que ten o seu pilar fundamental na educación emocional.
A educación emocional é indispensable no desenvolvemento cognitivo y no desenvolvemento integral da persoa, o obxetivo é facer persoas con coñecementos, pero capaces de recoñecer as súas emocións, seguras e confiadas, capaces de relacionarse de maneira axeitada co seu entorno.
Neste curso, 5º de Educación Infantil, fará tres proxectos relacionados cas fichas que imos traballar o longo de cada trimestre.
O primeiro proxecto farase o longo do primeiro trimestre, e ten como título “ O outono”.
O segundo proxecto leva como título “ Os oficios”, profesións dos nosos pais.
No terceiro trimestre “ O solo, plantas e sementes”, coincidindo coa chegada da primavera.
No curso de 6º de Educación Infantil levaránse a cabo dous proxectos relacionados coas fichas que traballaremos ao longo do curso:
– Os alimentos
– O Universo
Os alumnos deselvolverán diferentes estratexias de pensamento e terán ocasión de resolver unha serie de fichas do seu caderno de traballo vinculadas directamente co desenvolvemento dos proxectos. Todos rematarán cunha dinámica enfocada á exposición e a comunicación.