Vivimos nunha sociedade de cambios moi rápidos. A forma de comunicarnos está cambiando, así como a forma de buscar a información e a forma de vivir. As novas tecnoloxías forman parte das nosas vidas. Así que está claro que tamén ten que cambiar a forma de aprender.
No noso centro apostamos por este cambio e levamos introducindo as tecnoloxías nas nosas aulas dende o ano 2010. Todas están dotadas con ordenadores portátiles e encerados dixitais, dende Infantil ata Bacharelato.
O encerado dixital convértese nunha ventá cara o mundo, podendo acceder en calquera momento a calquera información, imaxe ou lugar no que teñamos necesidade de saber algo.
Ao final do curso escolar 2014-2015 no curso de 3º E.P. participamos nun proxecto educativo colaborativo de integración de tablets na aula «Con Vigo tablets», a experiencia foi moi interesante, tanto para a profesora como para os alumnos que gozaron do que aprendían ao longo destes días.
Premendo no enlace podedes ver algúns dos traballos realizados.
A partires dese curso, seguimos apostando por ese traballo en equipo e polas novas tecnoloxías.
No curso de 3º E.P. estase a realizar un proxecto innovador cos alumnos, introducindo o uso das tablets na súa aprendizaxe. Realizan diferentes proxectos mediante a Aprendizaxe Cooperativa. Trátase de aprender creando.
Os obxectivos finais que pretendemos conseguir con este proxecto innovador son:
– Aprender a buscar información por se mesmos, sen axuda da profesora.
– Elaborar os seus propios traballos coa información recollida utilizando varias apps.
– Aprender a gardar e enviar os seus traballos por e-mail, polo Air drop ou publicalos nun blog.
– Valorar a importancia do traballo en equipo. (Importancia de cumprir cada membro coas súas funcións. O traballo é responsabilidade de todos, todos debemos aportar algo, sen esquecerse de axudar ao compañeiro que o necesite e cumprir os prazos de entrega).
Podemos mirar no blog de «Trabajamos con las tablets en equipos» para observar algúns dos traballos que se están levando a cabo.