Estimadas familias:
Do mesmo xeito que o curso pasado, Amazon lanzou unha iniciativa, https://www.unclicparaelcole.es/, para apoiar aos centros educativos. O curso pasado, grazas á axuda de todos, puidemos comprar varios recursos para o colexio. Esta iniciativa permite:
- Aos clientes de Amazon seleccionar o Centro Educativo ao que queren apoiar, sen custo algún.
- A Amazon doar aos centros seleccionados, un 1% das compras efectuadas polos clientes mediante a asignación de crédito virtual.
- Aos centros educativos, utilizar o crédito virtual doado por Amazon na compra de produtos do seu catálogo.
É moi sinxelo, ao facer a compra elixides o Colexio Casa da Virxe, con dirección en Rodeira, 12 – Cangas e Amazon doa o 1% do voso gasto. ¡¡Lembra que non che supón ningún custo adicional!!
Grazas de antemán por colaborar.
Atentamente
A Dirección.